Hai que lembrar que, entre 2007 e 2012, o sistema de videovixilancia funcionou no polígono de O Ceao, pero desde entón quedou en desuso porque o goberno local renunciou a renovar o permiso ante a Comisión de Garantías de Videovixilancia. Este abandono, malia as continuas demandas dos empresarios, deixou desprotexida unha das áreas industriais máis importantes da cidade.
En novembro de 2020, o Grupo Popular levou a pleno unha iniciativa para reactivar este sistema, proposta que PSOE e BNG votaron en contra. Posteriormente, presentamos alternativas para implantar sistemas de seguridade en puntos sensibles da cidade, incluíndo as zonas industriais. Sempre defendemos que a videovixilancia é unha ferramenta imprescindible para disuadir delitos e facilitar a súa resolución.
Agora que anuncian a licitación do novo sistema de cámaras, preguntaremos no pleno “en que punto se atopan os trámites para solicitar o permiso necesario ante a Comisión de Garantías de Videovixilancia?; Contan xa co informe favorable deste organismo?; Cando se prevé que as cámaras entren finalmente en funcionamento?; se van poder reutilizar os dispositivos que xa existen?.