A Universidade da Coruña participa nun proxecto nacional sobre o futuro da educación plurilingüe

por Redacción A Coruña

A investigación está liderada pola Universidade de Córdoba e participan a Universidade da Coruña e a Universidade de Las Palmas de Gran Canaria.

A profesora Dra. Pilar Couto Canteiro docente da Área de Didáctica da Lingua e a Literatura da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, forma parte do proxecto liderado pola Universidade de Córdoba en colaboración coa UDC e a Universidade da Las Palmas de Gran Canaria sobre o futuro da Educación Plurilingüe. 

Trátase dun proxecto de investigación nacional competitivo concedido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, “Future of BilingualEducation” (FoBE), no que se están analizando datos a través de entrevistas a alumnado dos niveis de 4º de ESO, 2º de Bacharelato e estudantes universitarios; sobre as súas percepcións acerca da utilidade que lle van dar á formación bilingüe que recibiron e/ou están a recibir.

O estudo, de 4 anos de duración (2022- 2026), está dotado con máis de 60.000 euros e actualmente atópase no seu punto intermedio. O seu obxectivo éanalizar un amplo espectro de usos do dominio de segundas linguas na sociedade do século XXI. Está estruturado en catro bloques de contidos: 

1. Internacionalización e mobilidade, para coñecer se as linguas que se estudan serán de utilidade á hora de realizar estancias de estudo internacionais ou viaxar por pracer ou turismo.

2. Empregabilidade, para analizar se o dominio doutras linguas permiteter máis oportunidades laborais, atopar mellores empregos e mellor remunerados.

3. Competencia intercultural, para analizar se o dominio das linguasconsegue unha maior empatía nas persoas, entender mellor a outras con distinta bagaxe cultural, ou unha maior capacidade de vivir noutros contextos culturais.

4. Competencia plurilingüe, para ver se o feito de aprender diversas linguas nutre e facilita o proceso de aprendizaxe das mesmas.

O equipo de investigación xa enquisou a máis de 2.850 alumnos que proveñen de itinerarios bilingües do territorio español e ten a intención de ampliar o estudo a máis escolas e máis graduados universitarios durante os próximos anos. 

Resultados positivos

Os resultados están a ser moi positivos ata o momento: o alumnado de programas bilingües acada porcentaxes superiores aos de programas monolingües, percibe que súa formación académica lles serve para a mobilidade internacional, e considera que o seu dominio de linguas en áreas de coñecemento pode ser útil á hora de atopar un emprego de calidade e recibir un mellor salario. Tamén indican que a súa competencia intercultural e máis alta que a o alumnado procedente de itinerarios non bilingües, podendo imaxinarse vivindo noutros contextos culturais e declarándose empáticos á hora de coñecer e respectar a persoas doutras contornas culturais.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario