A Selección Galega de Loitas Olímpicas participará este vindeiro sábado 23 no CAMPIONATO DE ESPAÑA POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS.
Esta competición terá lugar no complexo deportivo CIUDAD ESCOLAR de Madrid, no que se enfrontarán as seleccións autonómicas en 3 pesos das 3 modalidades olímpicas, en xornada de mañá.
Galicia levará unha selección moi nova, xa que moitos dos puntáis do equipo, non poderán participar por diferentes motivos: as lesións, e que durante a xornada de tarde, se dispute a LIGA IBERDROLA de Loita Feminina, complica a participación neste evento.
O Colexio Galego de Árbitros estará representado por Aimara Osco e Daniel Fernández.
A selección Galega estará composta por:
Cat. | Mod. | Peso competición | Nome e apelidos | Club |
SENIOR | LIBRE MASCULINA | 65 | MANUEL GONZÁLEZ | SAN IGNACIO |
SENIOR | LIBRE MASCULINA | 86 | MOISES BELLO ÁLVAREZ | SAN IGNACIO |
SENIOR | LIBRE MASCULINA | 125 | ||
SENIOR | LIBRE FEMENINA | 53 | RAQUEL BRAVO | ATILA |
SENIOR | LIBRE FEMENINA | 62 | CANDELA CASTRO | ATILA |
SENIOR | LIBRE FEMENINA | 76 | AINE LÓPEZ | SAN IGNACIO |
SENIOR | GRECORROMANA | 67 | ||
SENIOR | GRECORROMANA | 87 | PABLO GARCÍA | PONTEVEDRA |
SENIOR | GRECORROMANA | 130 | CATRIEL PEHUÉN MURIEL | VILALBA |
MARCOS MIRAGAYA | TÉCNICO | |||
PABLO PINTOS | TÉCNICO | |||
DANIEL FERNÁNDEZ | ÁRBITRO | |||
AIMARA OSCO | ÁRBITRO |
A competición pode seguirse online en directo a través da plataforma de scorizer!