Os asistentes farán un percorrido duns 80 quilómetros polos montes do concello a bordo de motos, quads e vehículos ATV.
Navia de Suarna acollerá o próximo sábado 30 de novembro a II Extreme Suarna, unha ruta polos montes do concello a bordo de motos, quads e vehículos ATV.
A iniciativa está organizada pola asociación deportiva Navia de Suarna off road e conta co apoio da Xunta. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación xunto co presidente da entidade promotora, Xavier Sarille, e representantes doutras institucións implicadas.
A xornada conta cunhas 200 persoas inscritas procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria. Percorrerán entre 80 e 90 quilómetros de camiños que a organización leva meses limpando e acondicionando para a celebración da proba.
As actividades comezarán a partir das 07,30 horas coa recollida de dorsais. Os vehículos sairán a partir das 08,30 de forma escalonada. A programación culminará cunha cea, sorteos e animación musical.