Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de activar para hoxe a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde o mediodía con mar combinada con ondas de ata 6 metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.
La Xunta de Galicia en cuanto a la Seguridad de todos los que trabajan o tienen relación con el mar podría reactivar en todos los Puertos Autonómicos (incluso los deportivos) ,las señales «Señales de temporal y Puerto» codificadas que en el pasado estaban instaladas en mástiles en la bocana de todos los Puertos ,señalizando las condiciones reinantes y no era solamente una «advertencia» al ser señales claras reglamentarias para día y noche ,que son semáforos prohibiendo cualquier salida de buques al mar y haría innecesario consultar al num. 112.