O PSdeG provincial celebra que a eliminación do bypass de Betanzos permitirá “a conexión directa do trazado ferroviario da Coruña con Ferrol”

por Redacción A Coruña

O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro destaca que «o Goberno de España dá un paso máis alá con este investimento que supera os 28,5 millóns de euros».

O PSdeG-Provincial celebra o anuncio da eliminación do bypass de Betanzos, «que vai permitir a conexión directa do trazado ferroviario da Coruña con Ferrol».

Así o expresou o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro nunha rolda de prensa en Ferrol, na que estivo acompañado por Montse García Chavarría e Obdulia Taboadela, deputadas pola provincia no Congreso.

A eliminación deste bypass «é o primeiro paso cara a mellora deste trazado, que xa sabedes que o vimos demandando dende hai moitos anos», sinala o secretario xeral provincial.

«Vimos demándandoo cando gobernaba o Partido Popular e o seguimos demandando cando gobernao Partido Socialista, esa é a diferenza entre nós e o PP, que só demanda doutras administracións cando non están gobernadas pola mesma formación política», destaca o socialista.

«Nós gobernamos distintos concellos, gobernamos a Deputación, e nunca deixamos de loitar polos intereses dos veciños e veciñas, independentementede que a administración á que lle reclamemos esteagobernada polo noso partido», engade Fernández Piñeiro.

«Eu son alcalde de Pontedeume, e aquí acompáñanme compañeiros e compañeiras de toda a bisbarra que ao longo dos últimos anos vimos demandando a mellora da infraestrutura ferroviaria», subliña.

Para Fernández Piñeiro, «o Goberno de España dáun paso máis alá con este investimento que supera os 28,5 millóns de euros para a eliminación dese bypass, que ademais vai contemplar a construciónde dous viadutos e a reducir o tempo que leva realizar esa ruta».

«Agora quedaría a seguinte fase, que é a mellora do trazado entre Betanzos e Ferrol para permitir que a conexión ferroviaria sexa a que todos desexamos», afirma o socialista. «Tamén se anunciou tempo atrás esa conexión ferroviaria do Porto de Ferrol», engade.

«O Estado sigue dando pasos para mellorar as infraestruturas e polo tanto hoxe queremos poñelode manifesto e congratularnos desta nova, non sen deixar constancia de que seguiremos a reclamar a mellora do trazado», concluíu.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario