A programación continuará ao longo do 30 de novembro coas actuacións das corais Solo Voces, Coro do Hospital e Orfeón Lucense, e o 1 de decembro cunha xornada de xogos tradicionais a cargo de Xotramu.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro presentou as actividades coas que o
Concello de Lugo celebrará o 24 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Ferreiro afirmou que «o día forte será o sábado 30, cando contaremos con 3 audicións das corais lucenses ao longo de todo o
día e cunha andaina solidaria, e o domingo 1 de decembro poderemos desfrutar dos xogos tradicionais de Xotramu».
As corais Orfeón Lucense (13:00), Coro do Hospital (18:30) e Sólo Voces (20:00) estarán na Praza da Mosqueira ao longo de toda a xornada do 30 de novembro. As actividades continuarán cunha andaina solidaria destinada a apoiar a labor das entidades animalistas da cidade. Sairá ás 18:30 horas desde a Mosqueira e chegada na Rúa Virxe da Esperanza. O percorrido «inclúe algúns dos puntos máis emblemáticos da cidade, como a propia Ronda da Muralla, as rúas Bispo Aguirre e Ramón Ferreiro, Avenida de Madrid e, finalmente, a Rúa das Artes», explicou Maite Ferreiro.
A articipación nesta andaina é de balde, «pero as persoas que o desexen poderán contribuír mediante doazóns en efectivo, que se destinarán iegramente á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de
Lugo e a Michos de Lugo, ambas referentes na protección dos animais na nosa cidade e que desenvolven un traballo fundamental para fomentar a adopción e garantir o benestar animal», lembrou a edil de Cultura.
A celebración do 24 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade rematan o domingo 1 de decembro cunha xornada de xogos tradicionais a cargo de Xotramu, que terá lugar entre as 12:00 e as
14:00 na Mosqueira.