A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC, eixo de reflexión internacional sobre o adestramento de forza e o rendemento neuromuscular

por Jorge García

 O evento reunirá aos máximos referentes nacionais e internacionais para abordar a forza e o rendemento neuromuscular desde diversas perspectivas.

A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña aloxará, durante os días 29 e 30 de novembro, o III Congreso Internacional de Optimización do Adestramento de Forza e o Rendemento Neuromuscular. Neste encontro daranse citadestacados especialistas e profesionais da investigación e o adestramentodeportivo a nivel nacional e internacional, contando con máis dunha vintena de relatores e preto de 200 persoas asistentes. 

O evento, impulsado pola Rede de Investigación para a Optimización do Adestramento de Forza e do Rendemento Neuromuscular, entidade financiada polo Consejo Superior de Deportes, ten como obxectivo principal promover o intercambio de coñecementos e as novas tendencias no campo do adestramento de forza e o seu impacto no rendemento. 

Ao longo das dúas xornadas que dura o congreso, terán lugar diversas mesas de persoal experto, cinco obradoiros prácticos e varias presentacións e conferencias, así como a entrega de premios ás mellores comunicacións.

inauguración oficial terá lugar ás 10:30 horas, e contará coa asistencia de Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña; Rafael Martín Acero, decano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física; Gonzalo JoséMárquez Sánchez, presidente do Comité Organizador do Congreso; e EliseoIglesias Soler, presidente do Comité Cienfífico.

O día 29, logo do acto de inauguración, terá lugar a mesa redonda “Muller, Saúde e Adestramento de Forza”, onde se tratarán aspectos relacionados coexercicio en dous grupos de persoas: mulleres postmenopáusicas e mulleres superviventes ao cancro de mama. A mañá pechará coa presentación, ás 13:00 horas, da Cátedra AECC-UDC a cargo dos profesores da UDC Manuel A. Giráldez e Eliseo Iglesias.

Logo da pausa do mediodía, a xornada continuará cunha mesa redonda sobre o adestramento de foza, saúde e rendemento, centrada no impacto deste tipo de adestramento sobre a capacidade oxidativa, a comparativa entre o adestramento en máquinas e o peso libre e os beneficios do método clúster, unha variedade de adestramento de forza que incorpora descansos dentro dunha mesma serie. A continuación, a última cita do día consistirá nunha nova mesa redonda sobre novas propostas metodolóxicas no adestramento da forza para o alto rendemento, centrado na halterofilia, o ciclismo e o atletismo de velocidade.

A segunda xornada dará comezo ás 9:00 horas coa exposición das diversas comunicacións enviadas ao congreso, para dar paso ás 10.30 a cinco propostas de talleres sobre movementos olímpicos, adestramento de forza baseado na velocidade, adestramento de forza con resistencia variable, adestramento de solo pélvico e estratexias PAPE (potenciación post-activación estimulada) para optimizar o rendemento neuromuscular. 

Xa ás 13:00 horas, terá lugar a derradeira mesa redonda do congreso, quecontará coa participación de adestradores e deportistas, e o evento rematará coa conferencia de clausura a cargo do decano da Facultade, Rafael Martín Acero, quen tratará de revelar como facer máis eficaz a relación entre a investigación e o alto rendemento deportivo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario