A Gala da Milagrosa, un evento que inspira aos deportistas lucenses, co apoio da Deputación

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres nunha nova edición da Gala de Deportistas da Milagrosa que organiza a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais deste barrio lucense co fin de recoñecer a traxectoria profesional de diferentes deportistas e entidades da provincia de Lugo.

Francisco Cajoto felicitou a entidade “non só pola organización deste evento, senón tamén polo traballo que desenvolve día a día”. Ademais, tamén sinalou que “estes galardóns son un recoñecemento ao esforzo, á dedicación e aos valores que representan as persoas premiadas, porque o deporte non só é competición, senón tamén traballo en equipo, superación persoal, respecto e solidariedade”. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios