Continúa a renovación da contorna de Frai Plácido Rei Lemos co asfaltado da rúa

O Goberno de Lugo renova o asfalto da contorna do Muro, cuxa reconstrucción continúa a avanzar.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre
Penas visitaron a rúa Frai Plácido Rei Lemos, onde hoxe comezaron os traballos de asfaltado do treito desta rúa afectado pola reconstrucción do muro.

A Tenencia de Alcaldía realiza esta actuación, que consiste na renovación do firme en todo o seu espesor cunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, de xeito paralelo á reconstrucción do muro, obra da que o Tenente Alcalde destacou o bo ritmo de avance.

Esta reconstrucción busca mellorar a integración paisaxística do muro, ao mesmo tempo que elimina a barreira arquitectónica que supón a diferencia e cotas, aplicando criterios como a o respecto polo entorno e
a calidade estética da solución. A diferencia de alturas conta cunha solución orgánica e integrada na contorna, «escalonando o muro en distintos bancais, o que mellora o impacto visual da estrutura», explicou Rubén Arroxo.

O Tenente Alcalde destacou que esta actuación «crea un percorrido accesible para toda a veciñanza cunha rampa pola fronte do muro, na zona que parte do final do Paseo Vila de Foz, que remate na rúa Cidade de Viveiro, conectando o barrio de Recatelo co Parque sen barreiras arquitectónicas, avanzando nunha cidade máis accesible para todas e todos», declarou o Tenente Alcalde.

No primeiro dos bancais, o máis próximo á rúa Frai Plácido Rei Lemos, construíuse unha zona completamente axardinada, «creando un novo espazo verde na cidade para o desfrute de toda a veciñanza, e avanzando  no obxectivo de crear un gran pulmón verde nas rúas de Lugo, reducindo a temperatura do pavimento especialmente nos días de máis calor», afirmou Rubén Arroxo. O segundo dos bancais contará cunha praza arbolada, plantexada como un pequeno espazo de descanso para a veciñanza. Este bancal permitirá dar unha imaxe máis orgánica ao conxunto ao mesmo tempo que consigue unha mellor integración do muro coa contorna e reduce o impacto paisaxístico.

Comparte éste artículo
No hay comentarios