O obxectivo é mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas vulnerables, dos maiores ou dos cidadáns en risco de exclusión
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Fundación ‘la Caixa’, Isidro Fainé, asinaron hoxe un acordo marco que reforza a colaboración entre ambas institucións en materia de acción social, cultural, científica e educativa.
O obxectivo é continuar traballando xuntos co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas máis vulnerables, os maiores e os colectivos con necesidades especiais afectados por algunha patoloxía, así como contribuír ao benestar das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión.
Con este fin, la Caixa destinará este ano 13 millóns de euros ao desenvolvemento de diferentes programas en Galicia. Entre eles, destaca potenciar los proxectos sociais para mellorar as condicións de vida da infancia en situación de vulnerabilidade, impulsar o envellecemento activo dos maiores, fomentar o emprego entre os colectivos máis desfavorecidos, velar pola atención dos pacientes con enfermidades avanzadas e axudar ao benestar das persoas con discapacidade ou risco de exclusión.
Durante o acto de sinatura, ao que tamén asistiu a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, o presidente da Xunta agradeceu “o compromiso continuado e crecente” da Fundación `la Caixa´ “con toda Galicia”. Nesta liña, Rueda destacou a labor “encomiable” das entidades sociais “todos os días do ano”, colaborando coas administracións públicas na atención aos máis necesitados.