Maite Ferreiro e Cristina López asisten á entrega de premios do XIX Concurso de Tapas de Lugo

por Redacción Lugo

Maite Ferreiro e Cristina López asistiron á entrega de premios do XIX Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola APEHL co patrocinio do Concello de Lugo. O xurado profesional recoñeceu ao Hotel Mercure como
Mellor Tapa nesta edición, mentres que o xurado popular nomeou á do Restaurante Paprica.

Maite Ferreiro destacou «a importancia do concurso de Tapas para a cidade e para a nosa promoción turística como destino sostible, así como para a hostalería local». Pola súa banda, Cheché Real destacou
«o compromiso da área de Turismo co sector da hostalería na realización deste concurso».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario