O mítico Jazz Filloa acolle este sábado 7 de decembro unha actuación do ciclo #CoruñaRepúblicaMusical. Os protagonistas serán Lois Rivera Quartet que ofrecerán dous pases ás 21:30 e as 23:00 horas. A entrada será de 10€ para o público e de 8 para socias e socios da República Musical Mardi Gras, a asociación organizadora do ciclo que conta coa colaboración do Concello da Coruña. Poden reservarse entradas enviando un correo a jazzfilloa@jazzfilloa.com
O cuarteto estará formado por Lois Rivera ao saxo, Alber Grela á guitarra, Pablo Patiño ao contrabaixo e Esteban Lavigne na batería. Todo un luxo para calquer persoa afeccioada ao jazz.
O presente ciclo de actividades finaliza o sábado 21 de decembro coa Masterclass sobre producción musical que impartirá o tamén coruñés Juan de Dios Martín, que está de regreso na cidade tras diversas experiencias como productor tanto en Madrid coma en Los Ángeles.