Dous atentados contra o patrimonio cultural de Galicia, Separados por poucos quilómetros de distancia, un en Abeleda e o outro en Xunqueira os dous no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense).


As imaxes son duns cantos metros cúbicos de lixo (plásticos, mobles, electrodomésticos, metais e todo tipo de refugallos), levan acumulados ao pé do Camiño a Compostela máis de tres meses.


As dúas imaxes son na estrada que comunica Xunqueira con Ourense (a carón do cemiterio da vila de Xunqueira) tamén no Camiño de Santiago, árbores centenarias ao pé da Vía da Prata arrancadas de raíz, despois de máis de cen anos de vida que non lle estorbaron a ninguén agora co camiño goza de protección oficial (Patrimonio Cultural de Galicia. Itinerario Cultural Europeo…) eliminan unhas árbores que é bo lembrar que están protexidas por lei ao formar parte da área de protección do Camiño de Santiago.
Atentados contra o patrimonio cultural de Galicia feitos polo Concello de Xunqueira de Ambía, Deputación de Ourense co desleixo da Xunta de Galicia que «deixa facer e deixa pasar».