O BNG de Lugo felicitase do traballo feito dende o concello para apertura dos aparcadoiros en edificios dependentes da Xunta

Rubén Arroxo lembrou que «tras 5 anos insistindo, e varias iniciativas plenarias aprobadas, vanse abrir os aparcadorios en edificios dependentes da Xunta de Galiza».

O BNG dalle os parabéns a cidade de Lugo pola apertura de aparcadoiros en edificios dependentes da Xunta. O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou que o seu grupo levou mocións ao pleno municipal e fixo 
unha campaña para Lugo contase con máis aparcadoiros próximos ao centro da cidade. Arroxo afirmou que o Concello de Lugo “é exemplo de como as institucións poden poñer á disposición das veciñas e veciños as infraestruturas públicas, tal e como aconteceu coa apertura ao público, polas tardes, do aparcadoiro do Seminario”. Ese espazo, explica Arroxo, pasou de estar reservado a persoal do Concello a ser accesible para toda a veciñanza, abrindo un camiño que debe prolongarse para optimizar os recursos públicos dispoñibles para mellorar a mobilidade dentro da cidade, insiste o portavoz do BNG.

En Lugo existen outros espazos xestionados pola Xunta de Galiza que poden ampliar a capacidade de estacionamento na contorna do centro da cidade e que beneficiaría o acceso das veciñas e veciños a esta zona. Para Rubén Arroxo “é positivo que se incremente o número de prazas de aparcadoiro na zona do parque e da Avenida Ramón Ferreiro aproveitando os aparcadoiros do IES Virxe do Ollos Grandes, Lucus
Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado”, na actualidade con prazas reservadas as 24 horas para vehículos autorizados e inaccesibles para o público xeral, explica.

Neste senso, Arroxo recorda que a Xunta e o Concello poden abrir os aparcadoiros do Edificio Administrativo da Xunta, e dos IES Virxe do Ollos Grandes e Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado pola tarde nun horario “que non afecte ao uso educativo dos distintos espazos, optimizando o espazo público para o estacionamento de vehículos, e garantindo máis capacidade de,estacionamento na contorna do centro da cidade de Lugo”, conclúe o portavoz do BNG.

Comparte éste artículo
No hay comentarios