O portavoz, Antonio Ameijide, pide “luz e taquígrafos” ante as sospeitas polocambio nas puntuacións por parte do goberno provincial de PSOE e BNG de persoas admitidas no prazo dunha semana e “sen motivo aparente”.
O PP pedirá acceso ao expediente sobre o proceso selectivo -a través de concurso de experiencia e méritos- de tres prazas de funcionarios públicos na Deputación de Lugo “ante sospeitosos cambios nas valoracións” debido ao cambio nas puntuacións de persoas admitidas no proceso selectivo no prazo dunha semana e “sen motivo aparente”.
O portavoz, Antonio Ameijide, cre que o goberno provincial de PSOE e BNG debe poñer “luz e taquígrafos” sobre este procedemento para a estabilización de emprego temporal na Deputación Provincial tras apreciar cambios nas puntuacións relacionadas coa experiencia profesional na mesma administración e no mesmo posto en dúas listaxes oficiais -unha publicada o 21 de novembro e outra o 27 de novembro- cando nesta segunda se aplican os criterios de desempate e algúns dos admitidos que tiñan xa valorada a experiencia vén reducida a puntuación de 37 a 0 cunha semana de diferencia nas valoracións e sen que lle afecten alegacións.
“O goberno provincial tamén ten que explicar a que se debe” que a puntuación que reflicte para o desempate non se corresponda coa fórmula establecida nas bases específicas que aplican o recollido nas bases xerais que regulan os procesos selectivos excepcionais incluídos na Oferta de Emprego Público do ano 2023 da taxa adicional de estabilización de emprego temporal.
O popular esixe “transparencia” neste procedemento igual que no resto de procedementos e xestións administrativas desta Deputación. “Non podemos permitir que o goberno de PSOE e BNG aplique criterios de desempate a medida ou ao criterio do que lle interese ao goberno, sen cumprir nin as bases que eles mesmos aprobaron”.
Ameijide xa ten denunciado a “política caduca e caciquil de Tomé” que está “anclado no pasado” e subliña que “non se poden permitir este tipo de incidencias nun procedemento formal coma este”. E engade que “pode ser un erro, pero ante tal reincidencia de erros que sempre benefician ao entorno de Tomé, fai que todo cheire ou pinte mal”.