Esta fin de semana disputaronse os Campionatos de Europa de Campo a través na que o atletismo galego estivo representado tanto na categoría masculina e na categoría feminina.
O equipo de remudas mixto que presentaba o combinado hispano e no que tomaba parte o galego Adrian Ben, non puido estar no podio como fixera na edición celebrada no ano 2022 en Italia. Naquela ocasión o conxunto iderado polo viveirense, lograba un magnifico subcampionato de Europa xunto a Jesésus Gómez, Solange Pereira e Rosalia Tarrega. Nesta edición na que tan só repetían Jesús Gómez e Adri Ben, o equipo
lograba un quinto posto nunha carreira gañada nun trepidante final polos italianos.
A outra das nosas representantes en Antalaya foi Emma Méndez quen debutaba nun europeo ca Selección Sub20 e nas que por equipos España
lograba a décimo primeira posición nunha carreira gañada polas británicas. A lucense ocuparía finalmente no individual o posto 82º
Peso importante do atletismo galego na historia dos campionatos de Europa
Con esta edición, a participación de atletas galegos na historia dos campionatos de Europa de campo a través desde a súa primeira edición no ano 1994, alcanza a cifra das 74 actuacións das cales 45
corresponden a categoría feminina e 29 a categoría masculina.
Entre os galegos e galegas con máis participacións na cita continental destacan as seis actuacións de Solange Pereira nos anos 2009, 2010, 2011, 2017, 2018 e 2019 á quen lle siguen as catro tanto da guardanse Julia Vaquero como da lucense María Abel.
Na categoría masculina, este ano Adrian Ben igualaba con cinco participacións as que lideran os míticos Alejandro Gómez e Carlos Adán quenes domiñaban os circuitos de campo a través a mediados dos noventa e principios dos 2000.
21 medallas para o atletismo galego nos Campionatos de Europa
No apartado de medallas o atletismo galego acumula un total de dazaoito medallas das cales tres foron logradas no individual e o resto por
equipos.
Julia Vaquero lograba precisamente a primeira medalla para o atletismo galego na edición inaugural destes campionatos celebrado no ano 1994 en Alnwich (GBR) na que a guardesa acadaba unha fantástica medalla de prata . O mesmo metal era colleitado un ano despois sobre o mesmo escenario por Alejandro Goméz quen ademáis conseguía o título continental por equipos. Pechaba o medalleiro individual galego novamente unha Julia Vaquero quen repetía medalla no ano 1996 na localidade belga de Charleroy (BEL) no ano 1996
Si todo esto acontecía a nivel individual, por equipos, as galegas e galegos contribuían decisivamente a que por paises se sumarán un totalde dazaseis medallas destacando os seis títulos de campións de Europa conquistados. A todo esto hai que sumar catro subcampionatos así como os seis metais de bronce nas que Alejandro Gómez con catro podios e Solange Pereira con tres, pasan por ser os galegos e galegas que máis veces subiron ao caixón de honra continental.