Este domingo día 15 terá lugar a última das rutas que organiza no mes de decembro a guía mariñá Ana.
Será en Mondoñedo e consitirá na Ruta da Auga. Un paseo circular de 7,5 km que nos levará polo val do río Valiñadares, dende a histórica cidade de Mondoñedo ata a fermosa fervenza do Salto do Coro, rodeada de bosque de ribeira.
Todos os interesados poden poñerse en contacto no teléfono 654 99 68 57.