O PP afirma que «os acontecementos das últimas horas confirman a desconfianza de Paula Alvarellos en Rubén Arroxo»

  • Os populares recriminan que “socialistas e nacionalistas incumpran a lei e gasten máis do que teñen sen dar prioridade as verdadeiras necesidades da cidadanía” e mentres esto sucede “o martes que vén aprobarán en pleno unha suba de impostos á veciñanza”
  • A voceira popular Elena Candia explicou que nun contexto no que non hai novas sobre a data na que se vai celebrar o pleno de orzamentos municipais para o vindeiro 2025; que descoñecemos a data do debate do estado da cidade e que só temos a confirmación de que o PSOE e o BNG van subir impostos xa que desestimaron as alegacións do Grupo Popular comparecemos para dar conta das últimas manobras de socialistas e nacionalistas.
  • O xoves día 12 de decembro, ás 12 da mañá, chega unha comunicación a todas as dependencias municipais anunciando que a alcaldesa, Paula Alvarellos estaría ausente desde as 17.00 e ata as 23:59 horas.
  • Se xa era sospeitoso este anuncio, cando a axenda da alcaldesa é pouco transparente en horario de mañá, máis desconcertante resulta que chegue un segundo correo electrónico, rectificando ao anterior e reducindo a ausencia da alcaldesa de 17 a 19 horas. O que non cambia dun correo a outro é que a alcaldesa delega en Rubén Arroxo as súas funcións coma máxima autoridade da cidade.
  • É chamativo que sexa xusto ás 19.00 horas  cando o voceiro do BNG, Rubén Arroxo, que exerce coma alcalde en funcións, por delegación expresa de Paula Alvarellos,  firma tres decretos nos que levanta o reparo de legalidade sobre unha serie de facturas correspondentes a servizos dirixidos polo Bloque Nacionalista Galego, de distintas datas e proveedores, que suman a cantidade de 181.838,91 euros, dos cales corresponden á área de Cultura 174.160,71 euros
  • A voceira popular subliñou que “esta práctica de pagar facturas incumprindo a lei é demasiado habitual no bipartito de Lugo” contabilizando que neste 2024 se tramitaron desta forma máis dun cento de facturas.
  • A voceira popular afeou a forma de actuar de PSOE e BNG “é unha actitude pouco estética e ética” e seguen ignorando os informes de intervención dos últimos anos nos que reiteira que se están engrosando os gastos, acabando co aforro neto (no ano 2021 era de 17.5M€ e se reduciu a 1M€ en 2023 ; dilapidaron os remanentes de tesourería (dos máis de 50M€ de 2019 pasaron a 1M€ en 2023)   e que, en definitiva, a situación económica vai á deriva sen adoptar ningún tipo de medidas correctoras tal e como se lles solicitou
  • Elena Candia insiste en que “o goberno podería facer un esforzo e así non trasladarllelo aos lucenses nunha suba de impostos para corrixir este descalabro económico” puntualizando que “se este tipo de contratos se fixeran respectando a lei permitirían a libre concorrencia e os  prezos poderían ser máis competitivos”
  • Co levantamento dos reparos de legalidade desoien a advertencia dos técnicos municipais que sinalan posibles irregularidades como son fraccionamento irregular, incumprindo o artigo 99.2 LCSP; non consta procedemento de licitación e/ou excédese dos limites cuantitativos e/ou temporais de contrato menor, vulnerando os artigos 118 e 29.8 LCSP; contratos prorrogados tacitamente unha vez rematados, carecendo de cobertura xurídica e incumprindo o disposto nos artigos 29.2 e 1.1 LCSP; omisión do procedemento de licitación para contratos menores, recollido no acordo da XGL de 13.02.2022. ou outros incumprimentos que implican a omisión de trámites legais esenciais para o procedemento:

N° 110734: Licítase contrato menor con invitación sen xustificar esta circunstancia restrinxindo a concorrencia

N° 110965: Licitase contrato menor con invitación sen xustificar esta circunstancia restrinxindo a concorrencia

N° 111360: Trátase de gastos realizados para unha actividade dun terceiro (evento Feria L de Lugo) que requiriría daraccionamentos de contratos, contratos prorrogados tacitamente unha vez rematados, outros nos que non consta procedemento de licitación, ou excedese dos límites …)

Desconfianza e falta de entendemento

  • A popular concluía que “o sucedido o pasado xoves proba que hai unha clara desconfianza e falta de entendemento entre socialistas e nacionalistas e que estamos diante dunha manobra que delata que uns non se fían do que fan os outros e que non queren asumir responsabilidades de facturas que se firman con reparos.
  • Dende o Partido Popular pedimos que se cumpran os informes, que rectifiquen, e que se respecten as advertencias de intervención xa que “o único certo desta situación é que a falta de transparencia e de rigor no manexo dos cartos públicos por parte do bipartito suma un novo capítulo nunha xa longa lista de despropósitos”
Comparte éste artículo
No hay comentarios