Armouse o Belén no inicio de Pleno do Concello de Lugo, cunha protesta veciñal opoñéndose á subida de impostos, que foron aprobados cos votos do goberno local, PSOE-BNG e rexeitando a subida o Grupo Municipal do Partido Popular.
Elena Candia: «Gobernar é decidir» e hoxe socialistas e nacionalistas decidiron que os lucenses paguen máis en 2025: «trouxeron ao pleno de hoxe unha decisión política que o PP non apoia; logo dunha xestión derrochadora e de facer proxectos que non aportan nada á cidade e que nós rexeitamos
![]()



Asistentes ao Pleno rexeitado a suba de impostos
Elena Candia (PP) rechazando a suba de impostos
A voceira popular explicou que o pleno extraordinario que se convocou foi «para desestimar as alegacións que presentou o Grupo Popular para impedir que se modifiquen varias ordenanzas municipais que PSOE e BNG acordaron subir» engadindo que o voto a favor de socialistas e nacionalistas «consolidan a suba de impostos que o Partido Popular non apoia»
Candia recriminou que o goberno de esquerdas de Lugo «pida aos lucenses un esforzo de 4.5M€ para equilibrar as súas contas nun contexto no que aínda descoñecemos o proxecto de orzamentos e a data na que se celebrará o pleno para a súa aprobación, e cando descoñecemos a data do pleno do debate do estado da cidade onde deben render contas»
Foto portada. Votación por parte do goberno municipal, PSOE-BNG da subida de impostos