O vindeiro domingo día 22 de decembro no Clavicémbalo (rúa dos Paxariños, 23), a partir das 17:00 ata o peche, celebrarase o «Festival solidario por un Sáhara libre». Trátase dun evento onde a música e a solidariedade se unen por unha causa urxente: apoiar ao pobo saharaui.
O prezo da entrada é de 12€ e toda a recadación irá destinada á Media Lúa Vermella Saharui, organización que traballa no apoio aos campos de refuxiados e refuxiadas de Tinduf, en Alxeria.
Abrirá o evento a activista saharaui Suadu Mohamed Fadel, cunha exposición sobre a situación actual do seu pobo. O Festival contará coa actuación de sete grupos musicais: Beach Avenue, Os Eméritos, Filophóbicas, Mazzing, Mutualistas, Skintight e Verter Gz.
«Festival solidario por un Sáhara libre» está organizado pola Comunidade Saharaui en Galiza, Asociación Contracorrente, Esquerda Unida Lugo e o Partido Comunista de Galicia.
Basta de traizóns e falsas promesas. Paz, xustiza e autodeterminación para o pobo saharui!
Lugar: Clavicémbalo (rúa dos Paxariños, 23)
Día: domingo 22 decembro
Hora: 17:00 h.
Actuacións musicais:
Beach Avenue
Os Eméritos
Filophóbicas
Mazzing
Mutualistas
Skintight
Verter Gz