Para José Luis Calo, coordinador UCIN Galicia, a humanización é a palabra que máis pronuncian os alcaldes de hoxe. Calquera modificación urbanística dun espazo público debería adaptarse ás necesidades do momento, algo que non leva acabo nas novas actuacións a Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Transporte e Movilidad Sostible, apoiado polo actual alcalde de Ames, Blas García, coa N–550 ao seu paso polo núcleo de O Milladoiro. Os atascos que todos temos na retina cando só existía un carril, cos novos plans de diminuír os carrís actuis levados acabo para a súa transformación, volverán sufrirse de novo. O que temos que facer é xestionar o fluxo de tráfico para que sexa máis fluído e seguro posible, de non ser así teremos un prexuízo xeneralizado tanto para condutores como para os cidadáns. O que hai que facer é trazar unha estratexia que englobe o respecto ao medioambiente e as necesidades do cidadán. A mala xestión das administracións involucradas e as decisións tomadas aparentemente lóxicas son negativas.
Nos países máis civilizados de Europacando se fai unha transformación en espazo público respéctanse as necesidades e os costumes. Vémolo coa nova senda peonil que unirá Milladoiro e Santiago, pola cal se denunciou á Xunta ante a Fiscalía europea, por tratarse dunha “intervención urbana dura” que afecta o bosque da ribeira e o bosque de O Banquete de Conxo. A José Luis Calo, coordinador UCIN Galicia, amosa que «dáme medo a día de hoxe ler que vai ser humanizado un espazo público». Un núcleo como Milladoiro que supera con fartura os 15.000 veciños necesita un modelo urbanístico que afronte o aumento poboacional que sofre. Onde a maioría son todos traballadores que se desprazan a diario a Santiago de Compostela. Unha das principais causas é que o proxecto non se acompaña de alternativas viables para o volume de tráfico que soporta a N-550 ao seu paso pola Avenida Rosalía de Castro.
Unhas solucións, comenta Calo, serían: aumentar as prazas de aparcamento, loitar pola gratuidade da AP-9 ao seu paso por Milladoiro e demandar un paso subterráneo para desafogar a rotonda situada despois de Mobles Compostela.
Foto portada. José Balado
Autor foto: Jose Balado (bicos e Agarimos) con dereitos cedidos a Ucin