O concelleiro do grupo popular no Concello de Padrón, Ángel Conde, solicitou ao Goberno local que se inicie o procedemento para a elaboración dun Plan Municipal ante o risco de inundacións.
O concelleiro do PP indicou que o pasado 28 de outubro, o Diario Oficial de Galicia recolleu a publicación do Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal), que integra os novos estudos de risco, unha vez aprobados os plans de xestión de risco que elaboran os organismos de cunca.
Así mesmo, indicou que “tal e como avanzou a Consellería de Presidencia, a Dirección Xeral de Emerxencias remitiu unha carta aos concellos obrigados a contar con dito documento. Padrón é un dos 15 concellos da provincia da Coruña que está na obriga de elaborar o plan municipal para este tipo de risco, polo que tendemos a man ao goberno municipal para facer aportacións no que atinxe a este asunto”.
O concelleiro insistiu na importancia de contar con dito plan para garantir a correcta coordinación e actuación ante o risco de inundacións, de cara a diminuír os riscos e reducir as posibles consecuencias negativas das mesmas. Por iso “este asunto xa o levamos ao pasado Pleno mediante un rogo”, afirmou.
Por outra banda, o edil do PP agradeceu tamén o compromiso do Goberno galego de cara a tomar medidas para paliar o risco de asolagamentos na localidade, que conta cunha zona declarada como área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI).
“Así o evidenciou hai escasos días a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, quen abordou cos responsables do goberno local o desenvolvemento do convenio asinado entre Augas de Galicia e o Concello para a xestión das inundación na ARPSI Río Ulla-Sar, vixente ata 2026 e cun orzamento de 3 millóns de euros”, declarou.
Conde agradeceu o compromiso do goberno galego neste senso, como mostra o feito de que “proximamente Augas de Galicia remitirá ao Concello varios proxectos de actuacións nos regos Tarrío e Avelenda así como nun tramo do río Ulla, para a súa análise e, posteriormente, iniciar a tramitación dos informes sectoriais de afección”.
Por iso pediu ao goberno local que “actúe coa mesma lealdade institucional que a Xunta de Galicia para mellorar o día a día dos veciños e veciñas de Padrón, en lugar de buscar a confrontación coa administración autonómica polos seus intereses partidistas, como sucedeu hai unhas semanas e coas súas afirmacións en Pleno intentando acusar de desleixo á Xunta de Galicia no cumprimento das súas obrigas respecto deste asunto”. “Os feitos demostran que a Xunta cumpre con Padrón, polo que solicitamos ao goberno local que deixe ao lado disputas estériles que en nada benefician ao noso concello”, concluíu.
Este Concelleiro anda poco actualizado porque el Plan Especial ante el riesgo de inundaciones en Galicia es de 15/03/2002 y la Directiva Europea relativa a la evaluación y gestión de los riesgos 2007/60 CE.No estaría mal hacer algun simulacro con los Ayuntamientos para ver como lo maneja el «Director del Plan» que suele cambiar cada vez que cambia el poder político en la Xunta y el elegido al ser un politico no suele estar capacitado para esto.Va siendo hora de que se entere que en Padrón debería de existir el Plan de Actuación Municipal (PAM) con los mapas de peligro y de riesgo suministrados por el «Director del Plan».De esto no hay que culpar al Ayuntamiento de Padrón o al alcalde y es la Xunta y el «Director del Plan» quienes hacen la programación y el Plan .Dicen que pocos Ayuntamientos de Galicia han implementado el PAM, de los que tienen aparentemente controlados por el paso de ríos por ellos y parece lógico que sea la Xunta quien con los mapas de las zonas inundables se lo pase al Ayuntamiento de Padrón y les indiquen los procedimientos a seguir por Protección Civil en el Municipio que el Alcalde de Padrón ni sabe ni es su trabajo.¿Ha visto este Concelleiro hacer algun simulacro en Padrón ?……,así pasa en todos los Ayuntamientos .El ciudadano confía en el gobernante y estas cosas deben de programarlas ,los que saben , tienen los datos y la obligación de hacerlas.