Un incendio afecta a varios vehículos nun garaxe de Ames

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atópanse nestes intres, logo de ser alertados pasadas as 08:00 horas desta mañá, nun operativo dirixido a extinguir un lume orixinado nun garaxe na avenida da Maía, no concello de Ames.

O lume afectou a varios vehículos e provocou unha gran cantidade de fume, sendo preciso desaloxar o edificio onde se produciu.

Comparte éste artículo
No hay comentarios