Accidente de tráfico mortal en Carnota

O accidente foi no quilómetro 28 da estrada AC-550, na localidade de Lira, Concello de Carnota, falecendo o condutor dun dos turismos, Rogelio Saborido Lago, de 68 anos, e dúas persoas resultaron feridas, de diversa consideración, nunha colisión entre dous turismos.

Unha das persoas feridas é a neta da persoa falecida, tivo que ser excarcelada polos bombeiros e foi trasladada de urxencia no helicóptero medicalizado, con base en Santiago de Compostela, ó hospital máis próximo, e o outro ferido foi trasladado en ambulancia.

Interviñeron os membros de Bombeiros de Cee, GES de Muros, Gardia Civil de Tráfico, Policía Local e AVPC Protección Civil de Carnota e operarios de mantemento da estrada.

Comparte éste artículo
No hay comentarios