O portavoz popular, Antonio Ameijide, destacou tras o pleno da Deputación de Lugo que «o PSOE se aliñe co PP en relación ao cumprimento da lei no proxecto de Altri», mentres que «o BNG se queda só co seu sectarismo e pedindo aos funcionarios e cargos públicos prevaricar para paralizar un proxecto sen agardar aos informes» que é o que pretendían pedindo resolver nun determinado sentido e non en base aos informes técnicos»
- Ameijide lembrou que «os documentos do goberno evidencian que non van abrir as residencias» toda vez que «o orzamento redúcese en preto de 100.000 euros para os centros de maiores» polo que «dificilmente con menos recursos se poderán abrir novos centros» como o de Becerreá que leva 3 anos rematado e para o que os veciños presentaron reclamación aos orzamentos que o goberno de PSOE e BNG rexeitaron
- O goberno de PSOE e BNG certifica «novos atrasos» nas obras en marcha das residencias de Guitiriz e A Pontenova -con prórrogas ata xullo e agosto do 2025-, e no caso da Pobra do Brollón aínda está nunha fase máis inicial
- «Se nestes casos poden gardar certas esperanzas de ver ladrillos e traballadores, no caso de Folgoso de Courel e Portomarín con convenios asinados no 2018 e 2023, ubicación, proxecto, licencia e compromiso económico do Concello as esperanzas son menos», dixo
- Ameijide tamén afeou que «nada se sabe dos centros de atención a maiores comprometidos para Cervantes, Pantón, Ourol e O Saviñao» e lembrou que «tampouco están en marcha os centros de día nas residencias que están abertas»
- O portavoz do PP advertiu de «sectarismo» do goberno de PSOE e BNG porque «non hai ningunha residencia posta en marcha en Concellos gobernados polo Partido Popular» e incidiu en que «é curioso que os compromisos só se cumpren cando a ideoloxía do alcalde está curiosamente escorada cara un lado porque hai casos de alcaldes que militan nos partidos de goberno aos que tampouco lles están cumprindo os compromisos»
- O PSOE votou en contra de que o Goberno de España informe con transparencia sobre a situación de Muface e garanta a atención aos mutualistas licitando de forma urxente o concerto para impedir que impacte nos sistemas públicos autonómicos, moción que saíu aprobada cos votos a favor do PP e a abstención do BNG