Os socialistas levamos presentadas ante o Pleno neste 2024 diferentes mocións e rogos e preguntas sobre carencias ou posibilidades de mellora, dende unha postura esixente e propositiva. A resposta? Primeiro modificar o ROM para calarnos, e agora ata impedirnos ler as nosas mocións con amenazas de expulsión do Pleno. «Moléstalles» o noso labor rigoroso de Oposición e Fiscalización da xestión Municipal, e ao «atrevernos» a denunciar irregularidades, o Sr. García perde os papeis e non dubida en insultar, vexar, calumniar, difamar e ata ameazar de morte colocando a Oleiros nunha situación incómoda diante de media España. Oleiros non merece ter ao fronte a unha persoa que se comporte así. Nós imos seguir a traballar por Oleiros, pese a quen pese e por moitas trabas que nos poñan. Mentres tanto nas radios o Alcalde nos conta que todo está ben, nos pinta un Oleiros idílico, negando os problemas da veciñanza: a falta de vivenda pública, a falta de prazas nos centros de día e nas residencias, os problemas cas árbores que caen, ca recollida de lixo, cas estradas colapsadas, falla de beirarrúas, rotura de tubaxes, transporte público, comercio, etc.
· O Psoe de Oleiros comenzou o ano preguntando polos motivos que fixeron que para a licitación dunha obra como a do Auditorio de Bastiagueiro, de casi 12 millóns de euros, só se presentase unha oferta e pedimos o compromiso de que non habería modificativos nin sobrecustes. Ao pouco coñecimos que, case de inicio, houbo que aumentar 2 millóns o orzamento pola presenza de auga, algo que xa coñecíán dende o estudo xeotécnico do ano 2005. Seguimos agardando polo estudo de retorno da inversión e dos custes de mantemento futuros.
· En Xaneiro presentamos unha moción propoñendo que o concello deixase de especular co chan público e que o puxera a disposición da Xunta para que executase a construcción de vivenda de protección. Despois de moitos anuncios do alcalde falando dos 1800 veciños de Oleiros interesados nestas vivendas, agora que o 95% renucia polo elevado precio bota balóns fora ante a evidencia do fracaso sa súa política de vivenda.
· Tamén pedimos en xaneiro a adopción de medidas para mellorar a seguridade do arborado no noso Concello, prestando atención especial a zonas de xogo infantís e parque e paseos urbanos ante o goteo de incidencias de gran risco para as persoas cun contrato caducado, que se pagou con reparos do Interventor e que únicamente atendía a inspección de 30 árbores ao ano dende o 2017.
· Pedimos en xaneiro o alcalde que fora ambicioso e aproveitase o momento electoral para solicitar á Xunta un novo Centro de Saúde en Mera que dera resposta ás necesidades presentes e futuras da zona norte do concello. A resposta foi a convocatoria dunha manifestación para pedir unha ampliación á segunda planta. A resposta a tan pouca ambición foi o anuncio da Xunta en decembro de investir 78.000€ en melloras. Nos apioiamos as demandas de mellora do servizo de pediatría e pedimos e pediremos que se ceda terreo xa para que a Xunta constrúa un novo Centro de Saúde acorde ao aumento de poboación que o alcalde está a promover coas novas edificacións que autoriza.
· O 23 de xaneiro de 2023 o Concello de Oleiros recibiu un forte «varapalo» por parte do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (o TACGAL) que emitiu unha durísima resolución botando abaixo a adxudicación do contrato de 4,5 millóns de Limpeza Viaria por eivas graves na súa tramitación. Eso xerou un malestar no Grupo de Goberno que pagamos nós en forma de agresións verbais e intento de físicas por parte do Alcalde aínda que intenten xustificalo botándonos a culpa por facer política propositiva e de oposición seria.
· Denunciamos que 2 euros de cada 100 do orzamento se gastan en pagar 13 concelleiros e 7 asesores contratados a dedo, que non evitan que xestionen mal e que perderan na Senda de Iñás a Nós 2.138.768€ de subvención e que tiveran que gastar outros 200.000€ en asesores externos para que tramiten ben as axudas.
· Preguntamos polos problemas da rede de saneamento e propuxemos medidas para solucionalos. Os desbordamentos da rede de rede de sumidoiros son habituais con choiva por colapso e pola falta dunha rede de tipo separativo que canalice as pluviais e evite estes perigosos episodios desde o punto de vista sanitario.
· Nos cuestionamos que os oleirenses teñan que volver a pagar os camiños de 13 Rosas aos tres anos da inauguración, en vez de pedir responsabilidades ben por un mal proxecto, unha mala execución ou dunha mala dirección de obra. E sobre todo, se o resultado do firme dos caminos foi tan malo por que se usou tamén na Senda de Iñás a Nós.
· Denunciamos que as intervencións radiofónicas do Alcalde e a compra de publicidade en redes para o seu beneficio político cústanlle aos veciños oleirenses 3200 euros ao mes. Entendemos que xa que se trata dunha actividade de carácter partidista e non institucional non deberían de pagala os veciños debido a que non lles beneficia.
· Denunciamos que o «sucesor» do alcalde malgastou 6000€ en mobles de deseño para o seu despacho.
· Propuxemos medidas para mellorar o mantemento, reducir custos e limitar a contratación discrecional, vía licitación agrupada dos traballos de mantemento, conservación e reparación de pavimentos, beirarrúas, áreas peonís e do mobiliario urbano en vez de seguir facéndoo «a dedo» troceado en contratos menores e casi sempre cas mesmas empresas. Obviamos os nomes destas que todos coñecemos.
· Propuxemos que os cambios no ROM foran por consenso e serviran para facilitar a participación cidadá na vida municipal, en vez de que sexan para «amordazar» á oposición e afondar no sectarismo.
· Denunciamos que dende maio do 2009, cando adquiriu para uso exclusivo do Alcalde un coche de alta gama, un BMW, malgastou 600.000€ de diñeiro público nun gasto supérfluo e innecesario, e levamos ao Pleno unha iniciativa para que racionalice o gasto e aparque o coche oficial.
· Levamos ao Pleno unha iniciativa pedindo que, xa que as taxas están para costear o custe dos servizos, non consideramos ético nin lexítimo que os cartos da taxa que pagan os veciños de Oleiros por bodas ou acollementos civís vaian destinados ao peto dos concelleiros xa que como todos cobran adicación esto sopón cobrar dobremente.
· Solicitamos ao concello vía moción, que o alcalde impediu debatir, implicación para axudar aos pais e nais con hijos con necesidades de apoio, cando a Xunta tiña aberta unha convocatoria dirixida a concellos para estender a Rede de Atención Temperá, e non lle tería custe.
· Ante a inauguración do paseo fluvial entre Iñás e Nos «O Concello cuestiona que «por criterios subxectivos», nin a Xunta nin o Estado subvencionasen esta actuación, e pedimos ao alcalde que cesase na súa política de fake news: o paseo de iñás a nós non obtivo subvencións por culpa dunha tramitación chafalleira do concello que obtivo «0» puntos en calidade sen que ninguén do concello asuma a culpa ante a perda de máis de 2 millóns de €.
· Esiximos garantías de de que o novo contrato de limpeza viaria se execute axeitadadamente, xa que segundo as propias empresas licitadoras non se limpará todo o municipio, permitirase a utilización de maquinaria usada e encima teremos que pagar 1.600.000€ más, e todo isto tras a anulación polo TACGAL da anterior licitación.
· Denunciamos que o alcalde de Oleiros convocou unha comisión informativa en agosto con premeditación, aleivosía e «veranidad» para coar pola porta de atrás 3 contratos millonarios por valor de mais de 9 millóns de € (sobrecuste de Multiusos, contrato de 6 millóns de xardinería,…) e para tentar ocultar gravísimos erros de xestión.
· Denunciamos tamén que das máis de 430 solicitudes de bolsa comedor só se concedéron 84, o que supón que menos do 20% das familias solicitantes recibirán axuda, polo que levamos ao Pleno a petición de que se arranxe esta situación de inmediato, máis cando o 40% do orzamento de becas comedor quedou sen executar. Mentiron cando dixeron que quedaban fora familias que gañaban 80.000€. O certo é que Oleiros gastou en intervención radiofónicas do Alcalde no 2023 38.000€, case o doble dos 20.838,42€ que adicou de setembro a novembro a becas comedor.
· Organizamos no salón de plenos municipal un debate sobre os trastornos de atención na infancia e na adolescencia e participamos na concentración de organizada polas ANPAS dos CEIP Juana de Vega e A Rabadeira para reclamar á Xunta que cubra as prazas dos profesores de apoio eliminados en ambos centros.
· Presentamos alegacións aos orzamentos da Xunta para Oleiros por valor de 24,8 millóns de euros centrados en mellorar as infraestructuras, servizos e vivenda.
· Denunciamos que a suba da auga vai para pagar a que perde o Alcalde coa súa mala xestión, un terzo do total, polo que exijimos un plan de mellora da rede en vez da subida aos veciños. Na acta do Consello de Administración de Aquaoleiros do 27 de marzo de 2024 constátase que o control de perdas só chega ao 68% da rede, o que implica que de cada 3 metros cúbicos de auga que se compran 1 pérdese. Eso supón que dos 1.250.000€ que custa a auga que merca Oleiros, perde 400.000. E presentamos alegacións á Modificación do regulamento de subministración domiciliaria de auga do Concello de Oleiros esixindo que non se modifiquen os cadros de sancións a aplicar aos veciños en caso de que teñan unha fuga fortuita de auga nas instalacións particulares das súas casas mentres a rede Municipal non cumpra ca normativa autonómica de fugas.
· Presentamos alegacións aos Orzamentos Municipais para o 2025 facendo fincapé en que a inversión vaia dirida a atender ás necesidades reais dos veciños. As nosas alegacións ian encaminadas a limitar a tremenda subida de taxas e impostos que quere aplicar Alternativa dos veciños no ano 2025. Os cartos para as medidas propostas saerían do Multiusos no que hai que depurar responsabilidade dos proxectistas e outros axentes pola presenza da auga na obra, de eliminar o coche oficial, de eliminar os 7 asesores contratados a dedo e as dedicacións da metade dos concelleiros, de que o alcalde cobre da Deputación e non do Concello, co que aforraríamos máis de 1,5 millóns de € o que permitiría non aumentar taxas e impostos.
· E presentamos alegacións, que foron rexeitadas sen xustificar axeitadante, ás ordenanzas fiscais ante as subas desproporcionadas de taxas e impostos que convirten aos veciños en simples vasallos que aportan cartos para satisfacer os caprichos dun señor feudal.»