Este domingo 29 de decembro o guía turístico Guido Álvarez Parga, máis coñecido como Guido Guía, despediu o 2024 cunha actividade que reuniu en Lugo a 144 participantes de toda Galicia, doutros puntos de España como Barcelona, Valencia, Madrid, Valladolid ou Oviedo, e tamén numerosas persoas residentes en Lugo.
O vindeiro 2025 Guido cumprirá 10 anos como Guía Oficial de Turismo de Galicia, e a comunidade do seu proxecto Guido Guía non para de medrar. Hai poucas semanas superou os 40.000 seguidores en Facebook ou os 13.000 en Instagram, pero sobre todo conta cun gran grupo de base con case 1.000 persoas en WhatsApp.
Todos os meses fan algunha actividade “populosa”, pero moitas outras máis reducidas, formais ou informais. Paseos saudables os días de semana, quedadas para concertos, saídas gastronómicas, pachangas de fútbol ou basket, xogos de mesa… Toda unha serie de posibilidades que Guido compatibiliza coa súa actividade como guía para grupos privados e tamén coa súa labor como docente no Grao de Turismo da UNED de Lugo.






Anuncia tamén Guido Álvarez que o 2025 será un ano de moitos proxectos audiovisuais e de divulgación en redes. Permaneceremos atentos para descubrir con que nos sorprende este turismólogo e dinamizador cultural no vindeiro ano.
![]()