Desde o Grupo Municipal do PP en Lugo confiamos en que os novos prazos anunciados polo alcalde para o remate das obras do casco histórico se cumpran xa que «despois de múltiples prórrogas e retrasos somos escépticos coas novas datas dadas a coñecer esta mañá polo alcalde» salientando que «ogallá que se cumpran.»
Tras meses de atrasos e dificultades dende o PP consideran que o primeiro que debería facer o goberno local é pedir disculpas á veciñanza, comerciantes e distribución polos graves transtornos causados. Os populares reclamaron solucións para compensar aos afectados polo impacto que están a supoñer estas obras.
O vicevoceiro popular Ramón Cabarcos tamén denunciou a falta de planificación destes traballos xa que no seu momento se presentou unha proposta que permitía salvar o pavimento da rúa Nova e San Marcos organizando as fases das obras a través de Quiroga Ballesteros. A solución foi rexeitada e agora hai que reparar TRES vías en vez dunha.
Por outra parte salientou que unha vez finalizadas as obras, é o momento de definir como se vai regular o tráfico e os accesos ao centro. Desde o PP pedimos que se explique claramente que vehículos poderán entrar, como se organizará a carga e descarga e que medidas se tomarán para garantir un equilibrio entre mobilidade e conservación do patrimonio.
«Agora é o momento de transformar esta situación nunha oportunidade. Lugo merece unha xestión planificada, que pense nos veciños, no comercio local e nun casco histórico accesible e atractivo para todos», conclúen desde o PP.