Foi o luns, día 30, sobre das 20:00 horas, cando os seus propietarios decatáronse da misteriosa desaparición desta mascota moi mansa e sociable.
Bico é propiedade de Fernando del Moral Regaldie, concellal de Podemos, que exerce como oposición na Vila laxense. Fernando e un grupo e xente estiveron na súa procura na noite pasada e no dia de hoxe, despregáronse por múltiples zonas próximas ó centro de Laxe e arredores.
De non aparecer, teñen previsto imprimir unha gran cantidade de carteis coa imaxe de Bico para pegalas por toda a Comarca. Se alguén ten algunha pista importante ou sabe onde está, pode contactar coa policía local do seu Concello ou a Garda Civil máis próxima o punto onde o atopen.
Agardamos que Bico despistásese e non fose vítima dunha canallada.