Coordinador UCIN Galicia
Iniciamos o ano unha vez máis analizando as principais tendencias que enfrontará a nosa contorna económica durante os próximos 12 meses. Dende a Unión de Cidadáns Independentes esiximos apoiar aos autónomos, garantir a actividade económica das nosas vilas, garantir o emprego e preservar tamén a calidade de vida de todos os habitantes. Todo isto porque entendemos que debemos apoiar a todas aquelas persoas que realizan un traballo fundamental nun contexto lonxe do simple como é o dos pequenos concellos, sendo o motor da nosa economía.
A situación á que nos están levando os grandes partidos políticos son francamente inquietante e as súas consecuencias poden revestir un carácter de absoluto fracaso a pesar do seu altísimo custo en termos económicos. Como nos dicía o avogado e político canadiense William L. Mackenzie King “As promesas que fixeron onte os políticos son os impostos de hoxe”. É necesario que os partidos presenten un alto grao de representatividade, lexitimidade e credibilidade, calidades carentes nos actuais representantes no Congreso dos Deputados. A falta de conexión dos cidadáns con estas organizacións dan resultado a unha diminución na confianza cara aos políticos. Así que a política debe necesariamente buscar un cambio se quere ser atractiva para diferentes públicos. Adaptarse ou morrer, os partidos políticos deben atraer a confianza e a mirada das novas xeracións.