A Xunta facilita que case 300 alumnos de 23 institutos de toda Galicia acrediten o seu nivel de portugués de balde

Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma.

Un total de 279 alumnos de 23 institutos de toda Galicia poderán acreditar de balde o seu nivel de portugués co apoio da Xunta. Son os seleccionados na nova convocatoria pola que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP facilita que os alumnos de centros que imparten lingua portuguesa poidan participar nas probas Camões Junior para certificar o seu nivel de competencias nesta lingua.

Galicia é a primeira comunidade autónoma en subscribir un acordo deste tipo co Instituto Camões que, ademais, deriva da aplicación da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa o vínculos coa lusofonía. Ademais, están en marcha programas como Escolas de fronteira ou Ponte nas Ondas para fomentar a relación dos escolares de ambos os países.

En total realizarán estas probas, totalmente gratuítas para as familias, 181 alumnos de 4º de ESO e 98 de 2º de Bacharelato. Todos eles cursan Portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira no seu centro. Os centros participantes son os reflectidos na seguinte táboa:

ProvinciaConcelloCentro
A CoruñaSantiago de CompostelaIES Arcebispo Xelmírez I
A CoruñaSantiago de CompostelaIES Arcebispo Xelmírez II
A CoruñaA CoruñaIES Monte das Moas
A CoruñaMugardosIES de Mugardos
A CoruñaSantiago de CompostelaIES Antonio Fraguas Fraguas
A CoruñaNegreiraIES Xulián Magariños
A CoruñaRianxoIES Félix Muriel
A CoruñaTeoIES de Cacheiras
A CoruñaOrdesIES Ordes
A CoruñaAmesIES do Milladoiro
A CoruñaCulleredoIES Rego de Trabe
LugoLugoIES Ánxel Fole
LugoGuitirizIES Poeta Díaz Castro
OurenseVerínIES García-Barbón
OurenseOurenseIES O Couto
PontevedraTuiIES San Paio
PontevedraTuiIES Indalecio Pérez Tizón
PontevedraCaldas de ReisIES Plurilingüe Aquis Celenis
PontevedraO PorriñoIES Ribeira do Louro
PontevedraTomiñoIES Antón Alonso Ríos
PontevedraA EstradaIES Avelina Valladares
PontevedraVigoIES Valadares
PontevedraPonteareasIES do Barral

Probas en liña

As probas, que se realizan a través dunha plataforma electrónica, consisten nun único exame para avaliar o grao de desempeño global nas competencias de comprensión e de expresión oral (un 50% da puntuación total) e de comprensión e expresión escrita (outro 50%) co fin de acreditar o nivel lingüístico A1, A2 ou B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Para acadar a certificación, os estudantes terán que superar as probas do Exame de Portugués Lingua Estranxeira Camões Júnior, pero non terán que desprazarse para facelo, senón que as farán desde o seu centro educativo a través dunha plataforma electrónica.

O Instituto Camões será o encargado da organización e xestión das probas, que se que de forma xeral se levarán a cabo nas instalacións de cada centro educativo nas datas acordadas entre ambas partes.

Comparte éste artículo
No hay comentarios