Unha vintena de centros de toda Galicia continuarán traballando co modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas! recoñecido pola Unesco

A través deste programa promóvese a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante espazos e accións para sensibilizar ás xeracións máis novas

Un total de 19 centros educativos renovan este curso a súa participación do modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas!, recoñecido en 2022 pola Unesco como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia.

A través deste programa foméntase a implicación dos escolares nas súas propias tradicións e sensibilízase aos máis novos na importancia do patrimonio cultural inmaterial. Deste xeito, promóvese a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonía e o vínculo con Portugal.

Os centros educativos participantes contan cunha serie de recursos e son recoñecidos como centros Ponte… nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Participan nesta iniciativa os seguintes centros:

ProvinciaConcelloCentro
Coruña, AFerrolIES de Catabois
Coruña, AMurosIES Plurilingüe Fontexería
OurenseColesCPI Plurilingüe Antonio Faílde
OurensePereiro de Aguiar, OCEIP Plurilingüe Ben- Cho-Shey
OurenseSan Cristovo de CeaCPI Virxe da Saleta
PontevedraEstrada, AIES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
PontevedraGondomarIES Plurilingüe Terra de Turonio
PontevedraMosCEIP de Petelos
PontevedraPonte CaldelasIES de Ponte Caldelas
PontevedraPonteareasIES do Barral
PontevedraPontevedraIES Luís Seoane
PontevedraPontevedraIES Sánchez Cantón
PontevedraSalceda de CaselasCEP Altamira
PontevedraSalceda de CaselasIES Pedras Rubias
PontevedraSalvaterra de MiñoCEP Carlos Casares
PontevedraSalvaterra de MiñoIES de Salvaterra de Miño
PontevedraTuiIES Indalecio Pérez Tizón
PontevedraVigoCEIP Plurilingüe Seis do Nadal
PontevedraVigoEEI Vila Laura

O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público este modelo recoñecido polas Nacións Unidas. Ponte… nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses.

A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios