A Xunta aproba a sétima actualización do Plan Básico Autonómico de Galicia

Esta ferramenta supuxo o punto de partida para os Plans básicos municipais que promove a Xunta en concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan cun planeamento xeral.

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación da sétima actualización do Plan Básico Autonómico de Galicia.

Esta Resolución pode consultarse a través desta ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250110/AnuncioG0765-181224-0001_es.html

O Plan básico autonómico de Galicia, que foi aprobado polo Decreto 83/2018, do 26 de xullo, é un instrumento de planeamento urbanístico que complementa o marco lexislativo co que o goberno da Xunta pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio.

Esta ferramenta debe actualizarse cunha periodicidade mínima anual, se ben se está actualizando cunha periodicidade semestral, pois constitúe unha peza viva das novidades lexislativas sectoriais que afectan ao territorio da Comunidade Autónoma.

O documento plasma a complexa realidade da normativa sectorial e dos instrumentos de ordenación do territorio e identifica os asentamentos de poboación existentes.

A través da citada actualización revísase información relativa aos instrumentos de ordenación do territorio, a costas, a augas, a enerxía, a transportes, a portos, a aeroportos, a concentracións parcelarias, a patrimonio cultural, a servidumes acústicas e a lumes.

Cómpre lembrar que a aprobación do PBA supuxo o punto de partida para a formulación dos Plans básicos municipais que está a promover a Xunta en concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan cun planeamento xeral.

Comparte éste artículo
No hay comentarios