Programación de xaneiro no Modus Vivendi de Santiago

Ciclo Circum#5:

Bigornia: D19, 20h.

Raposa: V24, 21h.

Costeira: D26, 20h.

Lucía Aldao + Pablo Silva: X30, 21h.

Non Saímos Do Lixo (show ao vivo): Me22, 21h.

DayDream Sessions: X23, 21h.

*Todos os espectáculos funcionan con billeteira inversa. 

Modus vivendi: domingo 19 (20.00) BIGORNIA. Curioso nome para este dúo procedente de Bueu e Santiago DC, formado por Xabi (visuais) e Fonsi (sintes) que se coñecen loopeando riffs de stoner e doom psicodélico con guitarra, baixo e centos de efectos.

O dúo evoluciona desde atmósferas audiovisuais, pesadas e ritmos primitivos hacia algo mais bailongo, percutivo e estructurado, dando forma ao que serían as súas primeiras cancións.

A banda é unha mestura de ritmos frenéticos e ambientes escuros acompañadas por visuais que se distorsionan sincrónicamente coa música. Acid, DnB, Chiptune, House e Trip-Hop que xunto aos visuais crean unha especie de trance, teletransportando ao público a outra dimensión «onde só poden quedar flipados e bailar».

Modus Vivendi: mércores 22 (21.00) NON SAIMOS DO LIXO

I FESTA-SHOW @NSDLIXO

A webserie de humor en galego «Non Saímos do Lixo», por primeira vez ao vivo.

O Show de NSDL é un laboratorio de comedia por onde pasarán algúns dos seus clásicos e se probarán novos personaxes e sketches. Todo, coa música en vivo de O Leo de Matamá e Pauliña.

Modus Vivendi: xoves 23 (21.00) DAYDREAM SESSIONS

Daydream Sessions, comunidade artística con case 300 colaboradores de todo o mundo e con case 70 sesións realizadas nos seus somente 2 anos de traxectoria, estará grooveando con máis de 50 músicos do panorama Compostelano en sesións únicas e irrepetibles

Modus Vivendi: venres 24 (21.00). RAPOSA: Rubén Abad (guitarra eléctrica, cuatro puertorriqueño, lapsteel guitar, voz) e María Villanueva (guitarra española, guitarra acústica, voz

Raposa é unha banda pontevedresa integrada por María Villanueva e Rubén Abad. Un proxecto consolidado sobre un cimento de corda pulsada, onde a versatilidade e virtuosismo de ambos compoñentes sobrevoa paisaxes batuxados por música clásica, jazz, músicas do mundo, canción protesta ou pop, nunha execución rebosante de matices e delicadeza. O material sonoro desprende equilibrio e proporción, música orixinal que evoca armonías pretéritas, exóticas e vernáculas; unha confección acústica concebida coma ofrenda e reivindicación do honesto e fermoso da natureza humana e da música como ferramenta de cambio social. 

Rubén Abad, crónico asiduo á escena musical galega xunto a distintas formacións de corte ecléctico coma Trilitrate, Cró!, Es un Árbol, Peña, Orquestra Metamovida, etc., contribúe coa guitarra eléctrica, a guitarra clásica e o catro portorriqueño xunto á súa voz. 

María Villanueva, integrante da banda do músico cántabro Jaime Velasco, do proxecto luso-galego Fonte Grande, do Dúo 2028 ou, baixo o seu propio estandarte, do cuarteto María Solita, aporta a súa guitarra clásica, a guitarra acústica e a súa voz.

Modus Vivendi: domingo 26 (20.00) COSTEIRA

Marcos Teira, guitarra

Costeira nace da miña ollada á música popular galega partindo das linguaxes da percusión tradicional e da guitarra flamenca.

Este repertoriorecupera músicas tradicionais do repertorio de Faíscas do Xiabre, Os gaiteiros de Soutelo de Montes ou Avelino Cachafeiro.

 Aporta tamén repertorio orixinal inspirado na música tradicional galega e composto para a ocasión.

Un concerto de guitarra onde se atopan a pandeirada co fandango, a rumba galega cos tanguillos de Cadiz e a jota coa bulería.

Costeira é tamén unha mostra de admiración para rendir homenaxe a unha parte importante do legado musical ibérico.

Modus Vivendi: xoves 30 (21.00) LUCIA ALDAO E PABLO SILVA

Interesantísima proposta de dous excelentes músicos que veñen de colaborar no primeiro traballo musical en solitario da poeta Lucía Aldao (PAVA)

Máis info sobre a programación de xaneiro 25 do Modus Vivendi en: https://www.instagram.com/pubmodusvivendi/

Comparte éste artículo
No hay comentarios