José Luis Calo. «Temos que buscar as claves para poder evitar o despoboamento rural»

Unión de Cidadáns Independentes traballa en buscar as claves para poder evitar o despoboamento rural do noso país, un tema cada vez máis urxente. As poboacións rurais van perdendo habitantes co paso dos anos. Son maioritariamente os mozos os que se exilian cara a grandes cidades deixando atrás a súa residencia rural habitual. Este problema vai máis aló dunha perda de habitantes en certos pobos ou aldeas, o despoboamento rural afecta tamén á situación ambiental do planeta e á calidade de vida da sociedade.

A tardanza no pago de axudas por parte de Xunta de Galicia, tales como subvencións agroambientais ou de incorporación de mozas e mozos, pon en risco a viabilidade de explotacións.

José Luis Calo, coordinador UCIN Galicia expón unha serie de medidas para evitar o despoboamento rural:

  1. Propiciar a implantación do teletraballo, tentando tomalo como unha oportunidade.
  2. É moi boa opción converter territorios rurais que se están despoboando en zonas tranquilas para teletraballadores.
  3. Ofrecer vantaxes para familias con certo número de fillos, fomentando así a natalidade, que axudaría bastante.
  4. Crear oportunidades de traballo no ámbito rural, levando a cabo formacións para iso, e novos postos de traballo.
  5. E promover a diversificación de sectores económicos, construíndo novas empresas con demanda de emprego.
  6. Fomentar investimentos para acceder a unha vivenda a prezo alcanzable.
  7. Dar maior importancia ás melloras tecnolóxicas, fomentando novas ideas de negocio, e podéndose comunicar de calquera modo eficazmente.

Comparte éste artículo
No hay comentarios