“Hoxe Libro”: unha homenaxe visual ao acto de ler

A Sede de A Madriña (Rúa Churruca, 12, entrechan, Vigo) acollerá entre o  17 e o 23 de xaneiro de 2025 a exposición «Hoxe Libro»: Fotografías de Amando, cun contrapunto analóxico de Rafael Ojea, comisariada por Manuel  M. Romón. A inauguración terá lugar o venres 17 de xaneiro ás 19:00 h, e  poderá visitarse en horario tódolos días de 19:00 a 21:30 h.

Esta exposición reúne 64 fotografías seleccionadas das máis de 150 captadas por Amando, quen durante máis de un ano se dedicou a rexistrar co seu móbil o acto de ler en espazos públicos. Desde parques, praias,
cafeterías ou transportes, as imaxes destacan o pracer tranquilo e introspectivo da lectura, lembrando que o libro segue sendo un obxecto vivo e presente na nosa sociedade.

O traballo de Amando complétase coas fotografías analóxicas de Rafael Ojea, realizadas con cámaras Pentax e películas clásicas como Fujifilm  Neopan ou Ilford Pan 400, que evocan os mesmos lugares desprovistos de persoas. Este diálogo visual propón unha reflexión sobre a presenza e a ausencia, o ocio e a comunidade, mentres reivindica tanto o papel da lectura como o valor da fotografía arxéntica no mundo dixital.


O comisario, Manuel M. Romón, describe esta mostra como unha celebración do «goce calmo da vida», que conecta lectores e espazos nunha experiencia compartida de intimidade e creatividade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios