Certame Folclórico 2023 en Dodro

O próximo sábado 2 de decembro ás 18h no  Local Social do Montiño en Imo, (Dodro)  a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño celebra a súa cita do CERTAME FOLCLÓRICO 2023  e ademais faráse un especial recoñecemento á Coral Polifónica de Laíño que durante 16 anos espallou á música do folclore clásico galego, polifonía clásica e relixiosa etc por todo o país.

Os grupos participantes neste CERTAME FOLCLÓRICO 2023 serán: 

AS GARRIDAS

TRIOPATA

AS SIVALVEIRAS

AS XEITEIRAS

AS MAIANAS

OS LIANTES

AMAIANTE

OS MERSENARIOS

A FOLIADA DO MONTIÑO

A Asociación de Veciños convida a toda a veciñanza da comarca a este festival que rematará con unha foliada libre e pinchos para todos os asistentes. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios