Elena Candia comparte con Arias a necesidade de  avanzar sen máis retrasos o Plan Paradai

Elena Candia comparte con Arias a necesidade de  avanzar sen máis retrasos o Plan Paradai

  • A voceira popular entrega ao delegado da Xunta unha copia da acta da comisión de contas de outubro onde o goberno local, a unha pregunta do PP, asegura que non é preciso modificar o PXOM para continuar as obras de reurbanización entre a glorieta de Serra de Meira e Carlos Azcárraga
  • A Xunta leva case catro meses agardando a que o goberno local responda a una carta con data de 1 de outubro na que, precisamente, lle fai esta consulta e que a día de hoxe PSOE e BNG seguen sen responder

XANEIRO DE 2025

A voceira do Grupo Popular entregoulle ao delegado da Xunta unha copia da acta da comisión de contas celebrada o 25 de outubro de 2024. Nesa reunión, o goberno de Lugo respondeu a unha pregunta do PP, aclarando que non era necesaria unha modificación do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) para avanzar nas obras de reurbanización entre a glorieta da Rua Serra de Meira e a glorieta Carlos Azcárraga.

Aínda que o pasado 1 de outubro a Consellería de Vivenda e Infraestruturas enviou unha carta ao concello pedindo unha resposta sobre esta cuestión, a día de hoxe, case catro meses despois, non se recibiu resposta. (adxúntase copia da a carta)

Lembrar que para que avancen as obras do Plan Paraday era preciso que se ampliase Serra de Meria, o concello tiña que facer a intervención para aminorar o risco de inundacións, unha obra financiada pola Confederación hidrográfica

Ademais, é importante lembrar que para que avanzaran as obras do Plan Paraday, era necesario ampliar a Serra de Meira para reducir o risco de inundacións. Esta obra estaba financiada pola Confederación Hidrográfica para o cal se asinou un convenio que durante TRES ANOS FORO PRORROGANDO e que non se empezou a executar ata o ano pasado.

Agora que a ampliación de Serra de Meira está a piques de rematar, é o momento de que a Xunta continue co proxecto, xa que hai orzamentos dispoñibles e lamenta o retraso en contestar á carta enviada en outubro pola Consellería de Vivenda.

Comparte éste artículo
No hay comentarios