Luis Menor manifesta a necesidade de “poñer en valor e implementar melloras” no parque de bombeiros de San Cibrao, que presta servizo a máis de 30.000 persoas 

VISITA BOMBEIROS DA DEPUTACIÓN. O presidente da Deputación, Luis Menor, realizará unha visita aos bombeiros do Consorcio Provincial con base en San Cibrao das Viñas, acompañado de José Ramón Sánchez Feijoo, Xefe da Sección de Emerxencias da Deputación Ourense e os integrantes do servizo.

Logo dunha visita a estas instalacións, con máis de 20 anos de antigüidade, o presidente da Deputación sinalou a necesidade de acometer melloras no parque, para o que os membros deste servizo realizarán un informe con todo o necesario que debería acometer a Deputación.

O presidente da Deputación, Luis Menor, realizou esta mañá unha visita ás instalacións do parque de bombeiros da Deputación, situado no Polígono de San Cibrao das Viñas, que presta servizo a un área de máis de 30.000 habitantes, sendo tamén a área industrial máis importante de Ourense “pois concentra unha parte importantísima, o 70 ou 80% da industria e case de toda a provincia», sinalou.

Menor salientou o carácter estratéxico e a importancia deste parque, que leva máis de 20 anos en funcionamento, “e comprobamos o seu extraordinario funcionamento, pero tamén a necesidade de implementarmelloras, tanto nas propias instalacións como nas súas dotacións». De feito, os 11 membros deste servizo provincial comprometéronse a elaborar un informe con todo o necesario que debería acometer a Deputación para levar a cabo esas melloras.

Mencionou o presidente provincial a posibilidade de crear un proxecto para poder cambiar as instalacións, toda vez que a ubicación das mesmas impide un crecemento destas, “un crecemento absolutamente necesario, e que temos que abordar probablemente noutro lugar inmediato, así que comprometémonos a mellorar tanto as condicións actuais e materiais e tamén estudar o aumento da súa dotación de profesionais”. De feito, fixou nun horizonte maior a “posibilidade de construír un parque comarcal, un parque metropolitano de Ourense que preste servizos a  esas máis de 30.000 persoas e acolla as necesidades da industria da provincia».

Comparte éste artículo
No hay comentarios