A Deputación de Ourense mobiliza 71.766,64 euros en cooperar con entidades culturais e municipios

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Participan Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª), Plácido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º), Rosendo Fernández (Deputado PPOU), Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU), Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU), María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU), Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención), Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense),

Á colaboración cos municipios de A Veiga e Vilar de Barrio destínanse 43.766,64 euros, dos que 40.000 euros son para gastos de funcionamento do GES de A Veiga e 3.766,64 euros para arranxos do Plan Camiña Rural.

A Xunta de Goberno desta semana, na súa sesión ordinaria, vén de mobilizar un total de 71.766,64 euros en axudas para entidades culturais e municipios da provincia. 

Así, os concellos de A Veiga e Vilar de Barrio recibirán 43.766,64 euros, dos que 40.000 euros son para gastos de funcionamento do GES de A Veiga e 3.766,64 euros para arranxos do Plan Camiña Rural nos camiños Cancillos, alto da Serra e O Castro. 

No que atinxe ás entidades beneficiarias de axudas esta semana son o Museo do Pobo Galego (18.000 euros) e a Real Academia Galega das Belas Artes (10.000 euros), ambas achegas para para gastos de funcionamento.

Comparte éste artículo
No hay comentarios