Os socialistas de Oleiros denuncian que os veciños pagarán a enquisa partidista de Alternativa

O Concello de Oleiros vén de anunciar que «Dende o 1 de febreiro estará aberta unha enquisa dirixida a todos os veciños e veciñas… a enquisa recollerá aspectos tales como o funcionamento dos servizos públicos, a programación de actividades, as instalacións, a atención á cidadanía, a xestión política…»  o que entendemos que ven motivado por dous motivos fundamentais:

– O nerviosismo que lles provoca a nosa oposición cunha fiscalización seria e rigorosa que estamos a facer e que evidencia que «a boa xestión en Oleiros» é cousa do pasado. Primeiro reformaron o ROM para evitar que levemos ao Pleno as inquedanzas da cidadanía, logo ata impediunos ler mocións para non escoitar no Pleno cousas como que 1 de cada 3 metros cúbicos de auga que chega a Oleiros, e que hai que pagar, se perde polas fugas nas redes.

– E agora presentan esta enquisa para o mes de febreiro, tentando evitar que o efecto das fortísimas subas de taxas, impostos e da auga se vexa reflectido nas respostas. No caso da auga o último recibo chegou a primeiros de xaneiro, polo que a suba aínda non amosou os seus efectos prexudiciais para a veciñanza que ten que costear os 400.000€ anuais que supoñen as perdas de auga na rede de abastecemento que teñen completamente abandonada porque non se ve e non da votos.

O mesmo motivo das prosas é polo IVTM, o «rodaxe» que chega na primavera, posterior a febreiro, e que sufre unha fortísima suba e no que, a diferencia da maioría dos concellos da área onde non pagan, os vehículos de máis de 25 anos tamén pagan. Esta sí que unha «singularidade» de Oleiros.

Farán a enquisa correndo para evitar que se note a suba do 10% no IBI, ou do 17% no ICIO que se aplica as obras, xa que as estas, sobre todo as de exterior, non acostúmanse a facer no inverno.

Por outra banda, xa que é obvio, e no propio anuncio falan de facer unha valoración da xestión política cómpre esixirlles que a enquisa a pague o seu partido, non os veciños e veciñas. A enquisa, con estes mimbres, supón un novo engano e unha tomadura de pelo á veciñanza.»

Comparte éste artículo
No hay comentarios