A Moza que Abortou e o Contou, é unha webserie creada por Eire Cid e Rosalía Quiroga que recibiu o premio a Mellor Proxecto de Serie Web, no Festival Carballo Interplay. Conta a historia de Cora, unha moza de 20 anos que aborta e decide contarllo á sua familia durante a cea de Nadal. O seu relato desata debates, novas revelacións e violencia, e todo é grabado pola súa irmá co teléfono. O resultado é a creación dun falso documental, cunha narrativa postmoderna, en formato vertical.
Esta produción foi estrenada en abril do 2024 no Carballo Interplay, premiada no Jonh Balan Fest, seleccionada no Serializados Fest e actualmente é candidata a Mellor Serie Web nos Premios Mestre Mateo 2025 da Academia Galega do Audiovisual que se celebrarán o próximo mes de marzo.
Agora, A Moza que Abortou e o Contou (@amqaeoc), chega as plataformas streaming nacionais, cunha estrea no catálogo de Filmin este venres 24 de xaneiro permitindo á novos espectadores sumarse a este relato postmoderno, entendido para un novo consumo en teléfonos móbiles e tamén adaptable a outros soportes.
As creadoras
Eire Cid (Vigo, 1991) é guionista, directora e Doutora en Comunicación. Actualmente está inmersa na produción dun concurso para a plataforma AGalega e no desenvolvemento da súa primeira longametraxe, “Os reis imaxinarios”, ambos proxectos producidos por Brava.
Rosalía Quiroga (A Guarda, 1993) é xornalista, fotógrafa e comunicadora. Estuda en Compostela e Chile. Participou en diferentes producións. No 2022 gaña o premio Xohana Torres polo documental propio Mal Olladas.
Brava coproduce esta serie tan aclamada. A produtora, liderada por Cristela Torres e Bea Villar, suma outro éxito no seu primeiro ano de vida, mentres sigue producindo diversos formatos e para diferentes soportes como a plataforma AGalega, con programas como Raíña-me!, a serie Pringadas ou o programa Contando Historias estreado neste 2025. Actualmente, traballa na produción de NailClue, ten tres logametraxes en desenvolmento e axiña vai estrear Algo Novo que Contar, unha curtametraxe escrita e dirixida por Paula Pereira.