Antonio Leira: “Esta iniciativa reforza a aposta dos concellos polo deporte a través dunha oferta de actividades variadas e continuadas e, no caso dos municipios de menos recursos, resulta fundamental para que poidan dispor de persoal cualificado”.
A Deputación da Coruña financia con 901.250 euros a contratación de técnicos deportivos en 67 concellos da provincia. Faino a través do programa de subvencións a municipios e entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de Deportes durante o ano 2025. O Boletín Oficial da Provincia fixo oficiais esta semana as concesións provisionais desta liña de axudas que permiten aos municipios contratar ao manter no seu cadro de persoal a traballadores e traballadoras especializados en actividades deportivas.
Así, a través destas axudas da Deputación, os concellos poden contar cun técnico municipal con competencias para dinamizar as actividades deportivas das localidades, á vez que planificar calendarios de actividades vinculadas á actividade física e ao deporte para todos os públicos.
O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca que esta iniciativa da Deputación permite “reforzar a aposta dos concellos polo deporte a través dunha oferta de actividades variadas e continuadas” e, “no caso dos municipios con menos recursos, mesmo resulta fundamental para que poidan dispor de persoal cualificado, necesario para poñer en marcha iniciativas fundamentais de cara á promoción de valores saudables, sociais e éticos vinculados á práctica deportiva”.
Leira explicou que, ademais, esta liña de financiamento da institución provincial permite “a xeración directa de máis de 60 empregos” nos municipios de toda a provincia.
Por comarcas, a maior cantidade vai para a de Santiago, con 300.000 euros repartidos entre os 22 concellos que contarán coa axuda da Deputación para contratar un técnico de Deportes. Séguenlle a da Coruña e As Mariñas, con 175.000 euros para 13 municipios e Ferrolterra, Eume e Ortegal, con 160.000 entre 12. Mentres na comarca de Bergantiños-Costa da Morte as achegas alcanzan os 141.250 euros divididos en once localidades e na do Barbanza, 125.000 para nove concellos.
O deputado responsable da área lembrou que estes 901.250 euros forman parte no 2025 dun orzamento de preto de 8 millóns de euros para Deportes, un 17,5% máis ca no 2024. A contratación de técnicos deportivos para ofrecer soporte aos concellos é unha das liñas fundamentais ás que se destinan estes recursos, que tamén contan con 4,2 millóns de euros reservados para subvencionar a preto de 600 entidades deportivas para fomentar o deporte de base e outro importe duns 180.000 euros reservado para bolsas aos mellores deportistas da provincia.
CONCELLOS QUE CONTARÁN CUN TÉCNICO DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN EN 2025
Comarca da Coruña e As Mariñas
| CONCELLO | ACHEGA |
| Abegondo | 15.000 |
| Aranga | 15.000 |
| Arteixo | 15.000 |
| Betanzos | 15.000 |
| Carral | 15.000 |
| Coirós | 15.000 |
| Irixoa | 10.000 |
| MiñoOleiros | 15.00015.000 |
| PaderneSada | 10.00010.000 |
| Sobrado | 15.000 |
| Vilasantar | 10.000 |
| Total | 175.000 |
Comarca de Santiago
| CONCELLO | ACHEGA |
| A Baña | 15.000 |
| Ames | 15.000 |
| Boimorto | 15.000 |
| Boqueixón | 10.000 |
| Dodro | 15.000 |
| Frades | 10.000 |
| Melide | 10.000 |
| Mesía | 15.000 |
| NoiaOroso | 15.00010.000 |
| Padrón | 15.000 |
| Rois | 15.000 |
| Santa Comba | 15.000 |
| Santiso | 15.000 |
| Teo | 15.000 |
| Toques | 15.000 |
| TordoiaTouro | 15.00015.000 |
| Trazo | 15.000 |
| Val do Dubra | 10.000 |
| Vedra | 10.000 |
| O Pino | 15.000 |
| Total | 300.000 |
Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal
| CONCELLO | ACHEGA |
| Ares | 15.000 |
| Cariño | 15.000 |
| Cedeira | 5.000 |
| Fene | 15.000 |
| FerrolMañónMoeche | 15.00010.00010.000 |
| Monfero | 15.000 |
| Mugardos | 15.000 |
| Pontedeume | 15.000 |
| San Sadurniño | 15.000 |
| Valdoviño | 15.000 |
| Total | 160.000 |
Comarca de Bergantiños – Costa da Morte
| CONCELLO | ACHEGA |
| Cabana de Bergantiños | 5.000 |
| CamariñasCarballo | 15.00015.000 |
| Cee | 15.000 |
| Corcubión | 15.000 |
| Dumbría | 10.000 |
| Malpica | 15.000 |
| MuxíaPonteceso | 11.25015.000 |
| Vimianzo | 15.000 |
| Zas | 10.000 |
| Total | 141.250 |
Comarca do Barbanza
| CONCELLO | ACHEGA |
| A Pobra | 15.000 |
| Boiro | 15.000 |
| Carnota | 15.000 |
| Lousame | 15.000 |
| Mazaricos | 15.000 |
| Outes | 10.000 |
| Porto do Son | 10.000 |
| Rianxo | 15.000 |
| Ribeira | 15.000 |
| Total | 125.000 |