O PPdeG esixe explicacións ao BNG por incluír nas súas listas electorais a un condenado por abusos sexuais a unha menor

O Partido Popular de Galicia esixe explicacións ao BNG por ter incluído como titular nas súas listas ás eleccións municipais a un condenado por abusos sexuais a unha menor e insta a Ana Pontón a investigar cal é o grao de participación actual desta persoa no seu partido.

A secretaria xeral Paula Prado recorda que recentemente se puido ver á líder do independentismo galego «compartindo pancarta» con quen, logo de estar sete anos no cárcere tras unha condena xudicial por abusar dunha nena de 4 anos, foi integrante da candidatura do BNG ao concello ourensán de Coles nos comicios do pasado 28 de maio.

Tal e como publicaron os medios de comunicación, os vínculos políticos desta persoa esténdense tamén ao entorno do PSOE e de Podemos/Sumar na provincia de Ourense e de aí que apelen tamén á responsabilidade de Xosé Ramón Gómez Besteiro á hora de dar explicacións sobre «esta situación o suficientemente grave como para ser investigada».

«A oposición é moito de investigar todo o relativo a outros partidos, pero en cambio cústalles moito cando se trata do seu», conclúe Paula Prado incidindo na súa demanda de explicacións e poñendo o foco en que esta persoa actualmente «está traballando con persoas con discapacidade e con menores de idade».

Comparte éste artículo
No hay comentarios