Por segundo ano consecutivo Guido Guía colaborará co Concello de Melide e Asetem. Despois do éxito e gran afluencia de xente na súa primeira actividade conxunta no 2024, ambas entidades decidiron darlle continuidade á colaboración con Guido organizando estas actividades xa nos inicios deste 2025.
Estes dous paseos guiados terán lugar o 8 e o 9 de febreiro, con saída dende o Cantón de San Roque, e consistirán inicialmente en dous paseos guiados pola vila. Sen embargo, non quedará só nos paseos, a idea é que Guido será dalgún xeito un dos anfitrións do grupo durante os dous días da Feira, gozando das distintas actividades e posibilidades que se ofrecen nela.
Nuns poucos días xa son máis de 50 as persoas inscritas e tamén numerosos os participantes que xa reservaron aloxamento para quedar en Melide. Quen queira anotarse a estas actividades pode facelo a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com![]()