A Deputación da Coruña destina 900.000 euros á limpeza de praias de 40 concellos da provincia

A esta cantidade únense os máis de 305.000 euros concedidos á contratación de socorristas para areais fluviais e piscinas, do que se beneficiarán 46 municipios de interior.

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional do programa de limpeza de praias marítimas no 2025, a través do cal financia con 900.000 euros este servizo en 40 municipios costeiros da provincia. 

A finalidade desta liña de axudas é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal dirixidos á limpeza de praias marítimas durante a tempada estival, que abrangue do 1 de abril ao 31 de outubro. Tamén se financia a compra de bens destinados a esta actividade, como a adquisición de vestiario, produtos de limpeza ou combustible. 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que este programa, que “ofrece un importante apoio aos concellos para a conservación das praias e impulsa, xunto o programa de socorristas, a creación duns 300 empregos durante a tempada estival”.

O importe subvencionado varía en función da baremación, ponderada a través dos criterios obxectivos de superficie de praias e poboación de cada un dos municipios. Para estes datos téñense en conta as cifras recollidas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e polo INE. Deste xeito, as cantidades achegadas flutúan entre os 32.466,35 euros cos que se financiarán as limpezas de praias de Ferrol ou Carballo e os 6.768 euros cos que foron subvencionados, de xeito provisional, Corcubión, Neda e Outes.

Socorrismo en piscinas e praias fluviais

Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia tamén fai públicas hoxe as concesións definitivas do programa de socorrismo dirixido a concellos do interior da provincia, que conta cun financiamento de 305.398,61 euros a repartir entre as 46 solicitudes concedidas.

Neste sentido, a Deputación financiará os salarios dos e das socorristas que traballarán neste período estival nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais nos concellos sen costa. As achegas da institución provincial van desde os 3.918,76 euros (Vilarmaior) aos 9.900 (Oza-Cesuras), segundo as necesidades estimadas por cada concello. 

Este programa, que se convoca cada ano, supón unha axuda fundamental para que os municipios poidan garantir a seguridade das persoas usuarias das súas instalacións acuáticas e areais fluviais. Xunto co programa de limpeza de praias, contribúe á contratación de máis de 300 persoas durante a tempada de verán na provincia.

SOLICITUDES DE LIMPEZA DE PRAIAS CONCEDIDAS PROVISIONALMENTE 

BOP: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2025/01/29/2025_0000000487.pdf

SolicitudesImporte subvención
CONCELLO DA CORUÑA25.973,08€
CONCELLO DA LARACHA24.674,42€
CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL23.349,76€
CONCELLO DE ARES25.973,08€
CONCELLO DE ARTEIXO25.973,08€
CONCELLO DE BERGONDO24.349,76€
CONCELLO DE BOIRO26.622,40€
CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS18.383,07€
CONCELLO DE CABANAS24.025,09€
CONCELLO DE CAMARIÑAS27.302,81€ 
CONCELLO DE CARBALLO32.466,35€
CONCELLO DE CARIÑO17.749,04€
CONCELLO DE CARNOTA30.518,36€
CONCELLO DE CEDEIRA11.871,76€
CONCELLO DE CEE11.080,31€
CONCELLO DE CORCUBION6.768,00€
CONCELLO DE DUMBRIA20.236,20€
CONCELLO DE FENE14.325,06€
CONCELLO DE FERROL32.466,35€
CONCELLO DE FISTERRA27.271,73€
CONCELLO DE LAXE26.947,07€
CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS10.970,22€
CONCELLO DE MAÑON24.964,91€
CONCELLO DE MIÑO25.973,08€
CONCELLO DE MUGARDOS21.103,12€
CONCELLO DE MUROS25.973,08€
CONCELLO DE MUXIA20.147,55€
CONCELLO DE NARON21.838,11€
CONCELLO DE NEDA6.768,00€
CONCELLO DE NOIA20.586,51€
CONCELLO DE OLEIROS29.219,71€
CONCELLO DE ORTIGUEIRA27.048,93€
CONCELLO DE OUTES6.768,00€
CONCELLO DE PADERNE10.572,67€
CONCELLO DE PONTECESO30.843,03€ 
CONCELLO DE PONTEDEUME21.103,12€
CONCELLO DE PORTO DO SON30.843,03€
CONCELLO DE RIANXO23.051,10€
CONCELLO DE RIBEIRA28.895,05€
CONCELLO DE SADA24.999,08€
CONCELLO DE VALDOVIÑO30.843,03€
Comparte éste artículo
No hay comentarios