IV Gala Benéfica de Danza a favor da Asociación Española contra o Cancro

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu onte á IV Gala Benéfica de Danza a favor da Asociación Española contra o Cancro organizada polo Conservatorio Profesional de Danza da cidade, que depende da Xunta.

No evento, que se desenvolveu no auditorio Fuxan os Ventos, actuaron alumnos e alumnas do Grao profesional de Danza do CDAN, que contaron ademais coa colaboración do Ensemble de clarinete do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, tamén dependente da Administración autonómica.

Arias destacou «a solidaridade e o enorme talento» do alumnado así como o «excelente labor educativo e de dinamización cultural que estes dous centros profesionais exercen na provincia». Nese sentido, amosou a súa satisfacción porque «as nosas escolas de música e danza participen na programación do novo auditorio».

Comparte éste artículo
No hay comentarios