A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local.
A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá o proxecto de Orzamentos Municipais para este ano, contas que ascenden a 379 millóns de euros -catro máis que o ano pasado- e ás que dará luz verde mañá na Xunta de Goberno Local como paso previo ao seu debate no pleno de febreiro.
Na rolda de prensa deste xoves, Rey recalcou o carácter «expansivo e progresista» destes orzamentos, «concibidos para reforzar o crecemento da cidade e tamén as políticas de benestar social, con especial incidencia nos barrios, porque o noso obxectivo non só é que A Coruña avance, senón que isto teña un impacto directo en que as veciñas e veciños gañen máis calidade de vida con máis e mellores dotacións de servizos públicos. Son, indicou Rey, uns orzamentos especialmente centrados nos barrios, aos que chegarán os investimentos máis importantes.
A rexedora, acompañada esta mañá polas concelleiras e concelleiros do Goberno municipal, apuntou que os Orzamentos Municipais 2025 están configurados en torno a catro grandes eixos. En primeiro lugar, a dinamización económica da cidade, coa innovación tecnolóxica e o sector TIC «como puntas de lanza da Coruña como motor económico de Galicia». Por outra banda, o reforzo das políticas de benestar social e a protección social, cunha atención especial ás persoas en idade avanzada. O Goberno de Inés Rey prevé, ademais, dar un novo pulo ás políticas de mobilidade sostible e á recuperación progresiva de espazos públicos para a cidadanía. «E, por último, impulsaremos políticas integrais de atención, proximidade e investimento nos barrios da cidade, que contarán cun Plan de Barrios 2025-2028», explicou a alcaldesa. Dito plan suporá un investimento total, ata abril do 2027, de 53,7 millóns de euros.
O Concello creará unha nova rede de Oficinas de Atención Cidadá
A AESIA e o proxecto Coruña Marítima, bandeiras de acción no eido económico
A vivenda, eixo fundamental en materia de benestar social
Máis parques e áreas verdes como aposta pola sostibilidade na paisaxe urbana