Socialistas e nacionalistas dixeron NON a impulsar Lugo como Cidade Universitaria. Propoñíamos convenios para integrar o coñecemento académico en proxectos municipais, bolsas de traballo con empresas locais e prácticas remuneradas no Concello. PSOE e BNG preferiron seguir sen unha estratexia clara para reter talento na cidade.
Tamén negáronse a avanzar na mellora da mobilidade e o aparcamento rexeitando a apertura da Avenida Vila Verde, un trámite que é competencia municipal. O mesmo sucedeu coa iniciativa para revitalizar Recatelo e o Parque de Rosalía e o que defendíamos que se desenvolvese un plan integral de conservación e dinamización que recupere o valor desta zona.
Elena Candia lamentou a falta de altura de miras de PSOE e BNG, que «seguen instalados no bloqueo e na política de brazos cruzados. Lugo merece máis, e desde o PP seguiremos defendendo iniciativas que melloren a vida dos lucenses, aínda que o goberno local prefira poñer paus nas rodas.»![]()
Conseguimos unanimidade para mellorar a atención cidadá ao aprobarse a proposición para actualizar o convenio cos xestores
Conseguimos a UNANIMIDADE na iniciativa relativa a actualizar o convenio co Colexio de Xestores Administrativos. Esta medida suporá mellorar o acceso a documentos clave como certificados de empadroamento e xestións tributarias. Esta proposición é unha petición que nos trasladou o colectivo e que apoiamos porque consideramos que Lugo necesita unha administración que facilitador.